DAVID LAGES (dooby), deseñador gráfico do REV15

Written by Published in deseño gráfico

pero realmente é unha sardiña con corpo de gaita, ou unha gaita con forma de sardiña

O seu nome David Lages, outros coñéceno como Dooby. E a cabeza, mans e creatividade que se agocha na imaxe gráfica do Festival Revenidas15. Deseñou centos de camisolas para Caramuxo e traballos para moitos clientes de distintos sectores e lugares. Actualmente está cheo de traballo ultimando detalles para o REV15. Así que decidimos que tomase un respiro e que nos dea conta do proceso creativo no deseño gráfico para un evento como Revenidas15.

Dooby, ti que levas xa 7 anos deseñando o logotipo de Revenidas, fagamos entre nos un xogo de memoria. ¿Como lembras a primeira vez que viches a Sardiña Revenida, o logotipo do festival?

DAVID: Os dous primeiros anos traballei conxuntamente con Ramón Díaz quen comezou a deseñar a imaxe de Revenidas. Despois xa quedei eu so. A primeira vez que a vin, que xa van moitos anos, diría que eu pensaba que era unha sardiña tocando a gaita, pero realmente é unha sardiña con corpo de gaita, ou unha gaita con forma de sardiña (aínda non o teño moi claro, hehehe).

E, ¿ cal foi a túa primeira reacción cando che encargaron un novo deseño?

A primeira reacción foi de ledicia, tódolos anos alégrame moito que continúen confiando en min para facer a imaxe do festival.

¿Como definirías a sardiña de Revenidas?

Supoño que preguntas pola de verdade, a de comer, pois que está Caralluda.

¿Como afrontas cada ano a adaptación do logo ao contido do festival?

Dende que sei que grupos veñen, pois miro moito en internet a súa estética, e poño a súa música mentres fago debuxos como un tolo.  Tamén dicir que Revenidas é un dos meus traballos favoritos, e sempre tento pasalo ben xa que dispoño de moitísima liberdade, e iso ocorre poucas veces.

Non todos os días podemos analizar cun deseñador o logo. Descrébenos o porque do aspecto gráfico do Revenidas15.

Este ano a verdade que procurei unha imaxe que representara a mestizaxe e claramente o reggae, incluso permitinme poñerlle á sardiña uns elementos característicos dos grupos mais “importantes” de este ano, e de momento non podo dicir moito mais, xa que algún dos grupos ainda non se poden dicir pero a pista é boa.

Este ano, confesa, porque puxeches o lume detrás do logo, por Banda Bassotti, SOJA, The Mahones… Non digas que é pola Sardiñada Revenida do día 22. Acaso haberán chispas no porto de Vilaxoán durante os concertos do festival?

Con esta pregunta, só podo dicir unha cousa… lumeeeeeeeee!!!!!!!! 

E xa por último, ¿algunha predilección para o festival?

Teño moitas, hehehe, pero vou dicir un que si falta algún ano o festival non sería o mesmo. Quédome con LEO I ARREMECÁGHONA.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas