Música 5 estrelas no Escenario Mahou

Written by Published in concertos, música, patrocinadores
Escenario Mahou no Rev16

A aposta de Mahou polo lecer e e o entretemento innovador e a colaboración co Festival Revenidas como un dos patrocionadores principais por segundo ano consecutivo, van facer posible que todas as persoas asistentes ó festival poidan disfrutar da Zona Mahou e da música cinco estrelas que soará no Escenario Mahou.

O venres o Revenidas comezará ó grande coa presentación de Fé na luta, o último traballo do rapeiro máis comprometido e importante do Brasil, Gabriel o Pensador. Dende o Escenario Mahou escoitaremos o vibrante ska e rude de Juantxo Skalari & La Rude Band, o último traballo de Familia Caamagno deste ano Para unha vez que saímos e un dos grupos revelacións da música en galego nos últimos Poetarras.

O sábado voltará ser unha xornada para lembrar coa actuación no Escenario Mahou da banda máis importante do gipsy brass de todos os tempos, Fanfare Ciôcarlia e os directos incríbles e inesqueceibles. Tamén tocarán aquí a mellor banda de ska-core de Italia Talco coa presentación en Vilaxoán do seu recente traballo deste ano Silent Town. La Kimbala e o seu rumba style porá un broche rítmico e bailongo á música cinco estrelas da xornada.

O domingo o Escenario Mahou será o lugar para novos concertos cinco estrelas. O mellor rock actual de España con La Raíz e a presentación do seu recente álbum Entre poetas y presos, o sorprendentes e divertido polka ska e ritmos rusos procedente de Viena con Russkaja co seu último traballo Peace, Love & Rusian Roll. As paisaxes sonoras da electrónica fresca e estimulante do colectivo valencian ZOO que presentan o seu novo traballo Escenes Quotidianes. E no Escenario Mahou por suposto tamén se escoitará música en galego o domingo coa mellor rancheira punk de sempre das mans de Os Tres Trebóns.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas