Experiencias de festa: música, gastronomía, mar e amizade

Written by Published in +Revenidas, concertos, gastronomía, participación, revenidas16, sardiñada popular

Revenidas Ambiente Sardinas (10)

Revenidas é xa unha marca diferenciada, un festival único, vencellado ás tradicións, que combina á perfección espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cun recinto pechado de dous escenarios cunha programación musical moi definida, que inclúe importantes bandas internacionais, estatais e galegas.

Unha edición con máis espazos de actividades, entre os inclúen a Praia do Preguntoiro con Bandeira Azul e tres zonas de acampada, con dous novos protagonistas como a gastronomía e o mar e con moita música. En total máis de 30 concertos moitos dos cales non defraudaron ás persoas asistentes. Grandes concertos de temas clásicos e recentes de Gabriel o Pensador, Talco, Fanfare Ciocarlia, La Raíz, Russkaja ou ZOO, que quedaran pegados na memoria do público.

Revenidas é un festival comprometido coa música en galego, convertíndose no festival de pago con máis grupos galegos programados. Ademais de fomentar o novo talento a través do seu Concurso Revenidas de Música Emerxente na que se difunde e promociona a música feita en galego. Deste concurso sairon Ezetaerre, Os Vacalouras e deLombaos, tres novas bandas que compartiron escenario con Familia Caamagno, Malandrómeda, Os Tres Trebóns, Cuchufellos, O Sonoro Maxín, Falperrys e Poetarras, entre outras bandas galegas.

Gran parte do éxito do festival atópase na continua evolución e crecemento, con novos espazos e incremento de actividades, moitas delas vencelladas a vila e ó entorno onde se vén celebrando nos últimos trece anos.

 

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas