Gastronomía da rica no Revenidas

Written by Published in gastronomía, revenidas16

Food trucks en Vilaxoán!

A orixe do festival Revenidas provén dunha comida popular na vila recuperada pola veciñanza para facer da gastronomía a mellor excusa para a festa, a amizade e a familia.

Nesta edición número trece de Revenidas a Gastronomía será máis ca protagonista. A chegada de comida en carros complementará oferta culinaria da Sardiñada Popular Revenidas a todas as persoas asistentes. En Vilaxoán haberá unha selección das mellores  foodtrucks ou móbiles de comida quente.

Dentro do recinto de pago voltaremos contar coa foodtruck La Suprem de Torres Núñez, ademais da Carpiña de comida Faíscas con kebaps galegos, tostas de hummus, hamburguesas de tenreira, durums vexetais e máis sorpresas gastronómicas.

suprem_torresnunez

carpinha faiscas

Ademais fóra no Parque de Vilaxoán de acceso libre a todas as persoas, haberá catro foodtrucks máis.

  • CREP CABARET Filloas salgadas e doces
  • LACON LOVERS Bocadillos de lacón
  • A PULPONETA Bocadillos, racións e empanadillas de pulpo
  • TOLOACHE oito pratos vexetarianos e algún vegano

 

As orixes das foodtrucks atópanse a comezos do século XIX en Norteamérica coa invención das chuckwagon. A palabra provén da suma dos termos comida e vagón, xa que inicialmente estivo vencellado ó tren. Anos máis tarde incorporase ós carros tirados por cabalos empregados para travesías polo oeste, como a da fotografía sacada da wikipedia. Aquí en Vilaxoán sómosche máis de prender lume á grella con sardiñas da Arousa pero tamén nos encantas as foodtruckiñas!!

1280px-Chuckwagon

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas