Haberá REVENIDAS16!

Written by Published in música, participación, patrocinadores, sardiñada popular

Máis de 12.000 persoas xuntáronse durante os tres días nos que se desenvolveu a XII edición de Revenidas. Unha cita que bateu as marcas de anteriores anos polo número de asistentes así como pola calidade e cantidade das propostas artísticas. O festival confirmase coma unha das citas musicais imprescindibles de Galiza.

REV15 Los Chicos del Maiz9

Satisfacción xeral e profesionalidade son as sensacións que se desprenden en Vilaxoán logo dunha festa que pasará á historia desta vila mariñeira de Vilagarcía de Arousa. a pesares de que as condicións meteorolóxicas, durante a xornada do sábado consumironse 1000 quilos de xardiñas, superando anteriores anos. A Gran Sardiñada Popular, orixe do festival, convértese nunha tradición moi seguida polos veciños e veciñas da vila mariñeira, que a chuva e o vento non impediu celebrar en familia.

Dende a organización queren ademais agradecer publicamente aos máis de cen profesionais que fixeron posible esta exitosa edición do Festival. Durante toda a fin de semana, a organización fixo un seguimento e control das previsións meteorolóxicas para garantir a seguridade de artistas, traballadores e público asistente. Por este motivo, durante a tarde do domingo e nun tempo record, decidiuse desmontar o escenario principal, de grandes dimensións, polas fortes rachas de vento.

Ningún concerto foi cancelado nin houbo que salientar ningún incidente. “Isto non sería posible sen o esforzo e compromiso de todos os traballadores que hai detrás do festival”, engaden dende a empresa organizadora.

Concertos de calidade

Os americanos SOJA colocaron o broche final na última xornada que pasará á historia por ser o primeiro concerto desta banda en Galicia. Un concerto que confirmou a gran calidade musical dos seus compoñentes así como a entrega dos asistentes nun dos momentos máis agardados desta edición.

Anteriormente o rap galego na boca de Xenderal queceu os motores no recinto pechado para os concertos de pago. Tras el, Los Chikos del Maíz, co seu rap político dende Gandía trouxeron calor aos asistentes a través de ritmo e de temas que foron coreados. A traca final do Revenidas15 veu da man de Rulassie Selektah e de varios colaboradores que combinaron rap e reggae para facer botar ao auditorio do Porto de Vilaxoán.

Satisfacción xeral entre os miles de asistentes e da organización que xa traballa na nova edición do Revenidas.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas