Acampada libre

Monta a tenda De balde co teu bono

rev_2015_camping

Revenidas18 ofrece a todas as persoas asistentes ao festival dúas zonas de acampada libre (ata cubrir todo o aforo) que contará con servizos, duchas e consigna para que todas as revenidas e os revenidos disfruten en Vilaxoán do Festival das Linguas. Todas aquelas persoas que dispoñan dunha entrada de día tamén poderán acampar, pero soamente durante o día para o que teñan a entrada. Agradecémosvos que, se tedes pensado acampar, nolo contedes aquí: https://bit.ly/2LYsYQM

As zonas de acampada do Revenidas abrirán o venres 17 ás 12h00 e pechará o luns 20 ás 16h00. 

Ademais, durante o festival, para achegarvos á zona de Camping 1 (Rial) podedes utilizar o autobus que poñemos á vosa disposición en colaboración con Fest Galicia. Circulará de xeito ininterrumpido nos horarios que marcamos a continuación e parará no recinto e na zona de acampada do Rial.

E como as boas e bos campistas saben o importante que son as praias nas acampadas, hai unha moi preto do porto de Vilaxoán ó carón dos concertos,  da Praia do Preguntoiro con Bandeira Azul no concello de Vilagarcía de Arousa  🙂

rev_2016_vilaxoan