Actividades

Un festival para todos os públicos

O Revenidas está dirixido a todos os públicos. Contempla actividades para nenos e familias, así como concertos musicais para un público adulto nun recinto pechado. Pero disfrutar en pleno verán do mar da Ría de Arousa, descubrir os sabores, olores e as propostas artísticas neste entorno é apto para todas as persoas.

A programación do festival completase con abondas actividades culturais que terán lugar en diferentes espazos da vila: espectáculos de circo, paiasos, a sardiñada popular, pasarrúas, a Feira Revenida, gastronomía, experiencias arredor da cultura mariñeira e outras actividades achegando a todos os públicos outras expresións culturais de Galiza á oferta musical do festival.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter