Concertos a bordo

O Revenidas continúa abríndose ao mar! Nesta edición poderedes vivir unha experiencia marítima única en familia pola Ría de Arousa a bordo do Chasula, unha embarcación tradicional na que gozaredes de música ao vivo e dunha exclusiva degustación gastronómica de produtos 100% galegos. Nesta edición queremos poñer en valor e potenciar o noso patrimonio e a nosa cultura marítima nesta travesía con música a cargo de artistas como Voodoo, Roberto Sobrado, Arremecaghona Monobanda, Xurxo Souto, Ugía Pedreira + Marina Oural e Marcelo Dobode.

Unha actividade perfecta para grandes e pequenos que contará con tres saídas o sábado 18 e outras tres o domingo 19 en diferentes quendas dunha duración aproximada de 2 horas.

  • Podedes mercar xa as vosas entradas AQUÍ.