Gala Solidaria Revenidas

O Revenidas contará nesta edición cunha Gran Gala de Circo Solidaria, unha actividade que levamos a cabo a prol da risa e dacooperación cos campamentos de refuxiados e refuxiadas que ateigan as fronteiras europeas abandonados por un sistema que os rexeita.

A gala leva anos sendo o punto de encontro familiar do festival e congregando a máis de 2.000 persoas en torno ao circo, ao humor e á solidariedade con diferentes causas. Na desta 16ª edición, o festival popón unha reivindicación do circo feminino que contará o sábado 10 de agosto a partir das 17h30 no Parque de Dona Concha con Isa Risco, Pajarito, Patty Diphusa, Mireia, Desastronauts e a música de Brassica Rapa.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter