Zona Mahou

logo-mahou

Nesta nova edición de 2018, Mahou volve ser un dos principais patrocinadores do festival Revenidas e no marco da súa aposta polo lecer innovador, Mahou complementará a programación do evento con actividades relacionadas coa gastronomía.

Desta maneira, a marca desenvolverá varios showcookings de Cociñeiros Mahou, con chefs de primeiro nivel que elaborarán tapas utilizando como materia prima a sardiña para os asistentes con degustación gratuíta. Trátase de Gerson Iglesias e Pablo Domínguez, de Adega as Caldas de Ourense; e o coñecido chef vigués Alberto González.Así mesmo, ao longo do fin de semana, unha combinación de grandes bandas internacionais, nacionais e galegas da escena punk, reggae, rap ou folk pasarán polo Escenario Mahou.