Intervención Gráfica no Rev16

Written by Published in +Revenidas, deseño gráfico, participación
NA FALA GALEGA VIVE A IALMA DA NOSA TERRA

O venres ás 17 horas terá lugar unha Intervención Gráfica de Arte Urbano aberto a todas as persoas asistentes e de balde enmarcada nas actividades do Ano Castelao no Revenidas16.

rev16_pasopeons2

Co gallo dos aniversarios este ano do centenario das Irmandades de Fala e a celebración do Ano Castelao, propuxémonos levar a súa obra á rúa, coa idea de que a xente tivera que toparse con ela e na procura de chamar a atención sobre estas conmemoracións dun xeito inusual. Para facer isto coa maior economía de medios posible argallamos facelo sobreos pasos de peóns, espacio ante o que nos temos que parar e no que reparamos ao ver que ten unha frase escrita.

En concreto “NA FALA GALEGA VIVE A IALMA DA NOSA TERRA“, versos extraídos do himno das Irmandades da Fala, de Manuel Lugrís, ou a cita de Castelao “SE AINDA SOMOS GALEGOS É POR OBRA E GRACIA DO IDIOMA“.

rev16_pasopeons
O resultado non só cumpre a premisa de chamar atención e transmitir a mensaxe á xente, se non que amáis aporta valor a un espazo que antes non o tiña, ó modo do Arte Urbano.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas