O MELLOR REGGAE DO MUNDO EN GALICIA

Written by Published in concertos, música
O domingo 23 de agosto Vilaxoán acollerá unha xornada histórica para o reggae en Galicia no Festival Revenidas 15.

soja 600x600

Será o domingo 23 en Vilaxoán, na última xornada do Festival Revenidas15. Estarán por primeira vez en Galicia nun concerto que seguro será especial. Porque S.O.J.A.  é un dos principais grupos da escena reggae internacional. Con varias nominacións aos premios Grammy, entre outras ao mellor album reggae, ou gañadores no 2014 do Int´l Reggae & World Music Awards “Best Reggae Rock Song / Entertainer”, con centos de miles de copias vendidas e encabezando as listas de vendas en reggae, constitúen unha referencia imprescindible do reggae acutal.

Letras comprometidas e mestura de xéneros musicais que van do reggae, go-go, D.C. hardcore, latin, rock e hip-hop fan de S.O.J.A. unha das mellores bandas actuais do planeta de reggae.

Jacob Hemphill, voz principal do grupo, medrou en África e esta experiencia enriqueceuno para ter un amplo sentido de confraternidade e de loita contra as inxustizas. Jacob afirma que “quere falar para a xente que non ten micrófonos. O noso obxectivo como banda é dar a cara pola raza humana. Nos vemos o mundo e tentamos facelo mellor no tempo limitado que temos aquí”.

Acompañando a S.O.J.A. e provinte de Cerceda estará Xenderal tamén coñecido como Gendebeat. Reggae, rap e beatbox, letras cargadas de lírica xamaicana entremezcladas cun estilo propio de raiba galega. “Cuspe letra contundente e ao mesmo tempo retranqueira que non deixa indiferente a ninguén.”

Un domingo para as persoas que devecen polo reggae e que se completan coas sesións especialmente xamacainas da man de dous colectivo inquedo. Rulassie Selektah (Diego López) forma parte de Selassie Sound System un colectivo de selectores de música xamaicana en todas as súas variantes: Reggae, Ska, Rocksteady, NewRoots, Dancehall, Dub…

A xornada comezará cunha sesión vermouth a cargo de Blues do País, o grupo formado por Pepe King e Bieitta James que está a converter o blues en música raíz galega, “beber da tradición musical de Galicia e transformala co xenuíno estilo do blues”. E os madrileños Swingdigentes cunha unión propia e singular das danzas urbanas contemporáneas coma o Break Dance, Locking e Popping da man do jazz clásico e a música e estética do swing dos anos 20.

No escenario estarán unha das sopresas da escena musical galega. Poetarras o colectivo arterrorístico de Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde cuxo obxectivo principal é “ofender a somebody en somewhere por something a través de sketchs”.

Completarán o gran cartel deste día histórico nos festivais galegos a actuación dos valencianos Los Chikos del Maíz, co seu rap político que tratan temas de actualidade con letras ácedas nas que a retranca mestúrase con referencias literarias, cinematográficas, políticas e da cutura popular.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas