O programa ‘SON voluntario/a’ chega ao Revenidas

Written by Published in +Revenidas

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, pon en marcha un novo programa para promover o voluntariado xuvenil nunha área de especial interese e implicación da mocidade como son os festivais de música.

SON voluntario/a está destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e empadroados en Galicia. Esta iniciativa busca promocionar o exercicio da acción voluntaria entre a xuventude, para que as persoas mozas coñezan o que significa ser voluntario e os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social.

Cómpre destacar que o nome do programa aglutina os dous conceptos presentes na filosofía da iniciativa:

  • Por un lado o concepto do voluntariado (e o orgullo de realizar unha acción voluntaria).
  • E por outro lado a palabra “son” relaciónase dun xeito claro e notorio co ámbito musical.
  • A organización do programa SON voluntario/a correrá por conta da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Asociación Festivais de Galicia.
    Son Voluntario/a chega ao Festival Revenidas, que terá lugar do 9 ao 11 de agosto en Vilagarcía de Arousa.

    Requisitos:

  • Ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive (enviar fotocopia do D.N.I a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).
  • Estar empadroado/a nalgún concello de Galicia (enviar certificado de empadroamento a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).
  • Actividades a realizar polas persoas voluntarias:

  • Dar información de interese sobre os servizos que ofrece o festival (zona de comida, acampada, lugar dos aseos…).
  • Facilitar a circulación de persoas dentro do recinto do festival, sobre todo naqueles puntos de maior concentración, ofrecendo información acerca doutras posibles solucións ou prestando apoio ao persoal da organización.
  • Realización, de ser o caso,de actividades de sensibilización medioambiental e de integración co territorio, co fin de promover entre o público asistente a reciclaxe, así como unha consciencia sobre a necesidade de manter limpa a contorna.
  • Cuestións organizativas:

  • Os mozos e mozas voluntarias terán un punto de referencia en cada un dos festivais, no que estarán as persoas encargadas de coordinar o programa.
  • Os voluntarios/as realizarán unha quenda dun máximo de 3 horas/día.
  • Previamente, todos os mozos e mozas seleccionados para participar no programa deberán superar un curso básico sobre voluntariado, que estará dispoñible na web http://www.voluntariadogalego.org.
  • Dereitos dos mozos e mozas voluntarios participantes:

  • Acceso ao festival.
  • Certificado de experiencias voluntarias expedido por parte da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, previa solicitude do participante.
  • Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
  • Obrigas dos mozos e mozas voluntarios participantes:

  • Asistencia a unha reunión previa á celebración do festival para establecer todas as cuestións de organización, solucionar dúbidas e repartir as identificacións necesarias.
  • Compromiso de asistencia á quenda previamente determinada e fixada cos coordinadores do programa. De non presentarse, quedarán bloqueados todos os dereitos anteriormente expostos.
  • Realizar só as actividades que se contemplan neste programa como accións de voluntariado. Calquera outra indicación non se considerará actividade de carácter voluntario vinculada a SON Voluntario.
  • Os gastos de transporte e hospedaxe, de ser o caso, serán de conta das persoas voluntarias.
  • As persoas voluntarias acudirán ao punto de encontro dentro de cada un dos festivais.
  • COMO PARTICIPAR?

    Os mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos, empadroados en Galicia, e que queiran vivir unha experiencia única como voluntarios/as no Festival Revenidas poden inscribirse no programa SON Voluntario da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do formulario dispoñible na páxina web http://www.voluntariadogalego.org.

    Nesta ocasión ofértanse un total de 10 prazas, que serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. Se hai máis solicitudes que prazas, estas persoas pasarán a unha lista de agarda.

    Compartir
    Share on Facebook
    Facebook
    0Tweet about this on Twitter
    Twitter

revenidas