O Revenidas celebrou con éxito o seu 15º aniversario

Written by Published in +Revenidas
  • As seis sesións de concertos a bordo a cargo de Voodoo, Roberto Sobrado, Arremecaghona Monobanda, Xurxo Souto, Ugía Pedreira + Marina Oural e Marcelo Dobode esgotaron todas as súas entradas.
  • Os concertos da zona de pago máis aclamados polos festivaleiros e festivaleiras foron os de  El Drogas, Ayax y Prok, Soziedad Alkoholika, Russkaja e Zoo.
  • A xente presente na sardiñada do sábado acada unha cifra histórica chegando aos 8.000 asistentes e despachando os 1.000 quilos de sardiñas que a organización puxo á disposición do público.
  • O festival xerou uns 900 postos de traballo (400 directos e 500 indirectos).

Vilaxoan, 31 de agosto do 2018. – O Revenidas é un festival único, vencellado ás tradicións, que combina á perfección espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cun recinto pechado de dous escenarios cunha programación musical que inclúe importantes bandas internacionais, estatais e galegas. Durante a pasada fin de semana -na que se celebrou a súa 15ª edición- milleiros de festivaleiros e festivaleiras se deron cita en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) para gozar da música que correu a cargo dunhas 40 bandas e dunha chea de actividades de carácter familiar.

O modelo de combinar estas actividades de balde para público familar con concertos de pagosegue triunfando nesta festa galega, que continúa tendo como base do seu éxito o crecemento de novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Son os casos da Zona Dub na Praia do Preguntoiro, os concertos a bordo do Chasula pola Ría de Arousa, as actividades gastronómicas e Feira Revenida para talentos emerxentes do Parque de Dona Concha ou a Gala de Circo Solidaria, que nesta edición se fixo a favor de Pallas@s en Rebeldía, unha organización que acolle coa maxia do circo a miles de homes e mulleres que foxen da guerra, mentres denuncia as políticas xenocidas da UE.

O Revenidas, ademais, é un festival comprometido coa zona e a contorna na que se celebra que traballa para sercada vez un evento máis sutentable e responsable. Nesta edición, o Festival das Linguas quixo revalidar a súa forte aposta pola reciclaxe, separando os residuos xerados ao longo dos tres días de festival, levando a cabo dinámicas de concienciación da man de Ecovidrio e incorporando o ‘Ecovaso’. Ademais, utilizouse por primeira vez no evento atecnoloxía cashless incorporándoa nunha pulseira cun un chip que permitiu a lectura mediante escáneres no control de entrada para acceder e saír ao recinto, así como para realizar diversos pagos.

Afluencia de público e impacto na zona

O Revenidas 2018 reuniu arredor de 40 propostas musicais das que El Drogas, Ayax y Prok, Soziedad Alkoholika e Zoo foron as máis aclamadas polos asistentes ao festival. Isto tradúcese nunhas 3.500 persoas que acudiron o venres ata Vilaxoán para ver a Soziedad Alkoholika, Ayax y Prok,, The Real McKenzies, Ezetaerre, Joan Garriga e Galactic Mariatxis, Balkan Bomba, Keltoi! e María Turme DJ; 2.500 o sábado para asistir aos concertos de Tremenda Jauría, Steve’n’Seagulls, Cuarta Xusta, NH3, Glaukoma , Isaac Peces DJ e El Drogas; e 4.000 que despediron esta edición do festival o domingo con Russkaja, Dakidarría, Banda Xangai, Zoo, Xavi Sarrià, High Paw & Elephand Yard, el Diluvi e Auxili.

Alén disto, o concerto de The Dawlins no Espazo Deleite do Parque de Dona Concha congregou a unhas 1.500 persoas de todas as idades para gozar en familia da mañá do domingo, e a tradicional Sardiñada Popular Revenidas acadou un éxito sen precedentes ao rematar entre os 8.000 asistentes á actividade os 1.000 quilos de sardiñas que despachou a organización.

Vilaxoán é unha vila de 2.000 habitantes que durante os días de celebración do Revenidas recibe a milleiros de festivaleiras e festivaleiras para convivir con eles na zona. Ante a afluencia de asistentes desta edición, as dúas zonas de acampada previstas pola organización estiveron ocupadas por unhas 900 tendas de campaña, e contouse -coa colaboración de Fest Galicia- cun autobús para desprazar aos asistentes ao festival dende o punto de acampada máis lonxano ata o recinto dos concertos de pago. Toda esta actividade continuada propiciada polo Revenidas viuse reflictida dos 900 postos de traballo que xerou o festival (400 directos e 500 indirectos), que amosan o esforzo que hai detrás dos escenarios, espazos e actividades do festival.

Apoios fundamentais

A organización do Festival Revenidas 2018 quere amosarlle o seu agradecemento a todas as institucións que fixeron posible esta edición coma o Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra a través dos Festivais Rías Baixas, e a AGADIC por medio da súa marca Fest Galicia, así como a Mahou, Deleite, Gadis, Galletas Da Veiga, Torre de Núñez, Bodegas Martín Códax, Rei Zentolo, Estudios Mans, Lodeiros, Sonen e Toyota Nipocar.

revenidas