O Revenidas desvela as primeiras confirmación do seu cartel para este 2019

Written by Published in +Revenidas

O festival Revenidas, que celebrará a súa 16º edición 9 ao 11 de agosto, anuncia as cinco primeiras bandas que formarán parte da súa proposta final: o punk do cuarteto sueco The Baboon ShowEl Niño de la Hipoteca en formato eléctrico acompañado de Los Ratones, o poder feminista e reivindicativo de Flow do Toxo, o potentísimo punk e hard-core de Desakato e a cumbia e o reggaeton tropical de Los Jinetes del Trópico.

Entradas e actividades

A organización do festival está actualmente artellando unha programación cun potente contido cultural galego que abrangue diversas disciplinas, e sempre vencellado ás tradicións. Ademais, o “Festival das Linguas” aposta por unha combinación de espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que incluirá máis importantes bandas internacionais, estatais e galegas, e que se desvelará durante os próximos meses.

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Tras esgotar a súa promoción inicial de lanzamento en 15 minutos, os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2019 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 29 € a través da páxina web www.revenidas.com

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas