O Revenidas fai públicas as obras do seu Revenidas Ilustrado

Written by Published in +Revenidas

O Revenidas saca a luz o traballo froito da iniciativa Revenidas Ilustrado, toda unha serie de ilustracións realizadas por un equipo encabezado por Ana Seoane, mestra da facultade de Belas Artes de Pontevedra. As pezas, que se amosan a continuación, ilustran distintos momentos desta edición do festival e tamén algúns monumentos de Vilaxoán. A organización afirma que a súa intención é “facer unha exposición con estas ilustracións e, nun futuro, editar unha guía ilustrada da vila”.

Con esta actividade, englobada dentro de Destino Revenidas Fame de Experiencias, o festival promove xunto con Turismo Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra, a visibilidade de territorios como Vilaxoán e a potenciación do turismo mariñeiro na provincia de Pontevedra en xeral.

Tras o éxito dos xa celebrados concertos no barco xeiteiro Chasula, o taller de iniciación ao remo ou o roteiro (re)Descubre Vilaxoán, o festival continuará coas súas actividades para dar a coñecer a vila durante todo o ano dirixidas a público de todas as idades.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas