ACAMPADA

Zona de acampada Revenidas

ZONA ACAMPADA O RIAL

Esta zona de acampada está situada a 20 minutos andando (1,6 km) do recinto do festival e a 800 metros de moitas praias. Accédese a ela dende a rúa Fiuncho as 24 horas do día.

A acampada é de pago (10€). Pódese acceder só coa adquisición do Abono para os 4 días do Festival, sendo a entrada a partir da 13h do xoves 12 de setembro e a saída será antes das 13h do luns 16 de setembro.
Se non sabes que acampada tes, NA ENTRADA SAE CO TEXTO: ACAMPADA O RIAL

O dereito de acampada obtense soamente coa adquisición do Abono e marcando a casiña “Si” na opción de Acampada, durante o proceso de compra e tras pagar o prezo fixado (10€).

Revenidas disporá de todos os servizos básicos para que a túa estancia sexa o máis cómoda posible. Hablitando esta con baños, duchas, control de accesos as 24 horas e seguridade 24h, con servizo de barra, e de limpeza así como de recollida de residuos. Tamén haberá un espazo reservado para persoas con mobilidade reducida.

A zona de acampada ten acceso restrinxido e unha extensión de aforo limitado. Para entrar a ela deberás levar a PULSEIRA DE ACAMPADA do festival que PERMITE exclusivamente o acceso a esta zona.

Esta pulseira non é a pulseira do ABONO, é unha segunda pulseira.

Non se pode entrar á acampada coa pulseira doutra zona de acampada.Cada zona ten as súas pulseiras específicas

  • Zona de acampada en zona verde con parte de sombra e árbores
  • Zona de duchas e aseos
  • Punto de recarga para móbiles
  • Servizo de barra ata as 20:00h
  • Control de acceso as 24 horas, e
  • Seguridade
  • Servizo de limpeza
  • Papeleiras e illas de reciclaxe para a separación e xestión de resíduos

A acampada estará aberta desde o xoves 12 ás 13h, ata o luns 16 ás 13h (data e hora en que todas as persoas acampadas deberán desaloxar a zona).

Pola vosa seguridade, só é posible acampar con tendas de campaña. Non se poderán montar cenadores, toldos, lonas, carpas ou otros elementos que supoñan unha extensión horizontal ou vertical ao espazo da tenda de campaña.

A acampada realizarase por orde de chegada (non se poden reservar espazos) e en todo momento haberá que seguir as indicacións do persoal do Festival. Está prohibido acampar fóra da área habilitada, incluidos os corredores.

O espazo é limitado, polo que as parcelas terán un espazo máximo de 3×2, non estando permitidas tendas dimensións maiores, nin que sexan ocupadas por un número de persoas inferior á capacidade da tenda.

O persoal do Festival poderá denegar a instalación de tendas de campaña ou outros elementos que poidan resultar perigosos para os usuarios e o resto de tendas.

Está prohibido anclar as tendas a outros puntos que non sexan o chan e, específicamente, prohíbese por seguridade atar cordas ou outros elementos que supoñan unha barreira entre tendas, árbores ou valos. Os accesos e as saídas de emerxencia, deben estar completamente despexadas para o paso de persoas.

Queda reservado o dereito de admisión.

Pulseiras: Coida a túa pulseira cashless, xa que é a que permite o acceso á acampada polo que hai que conservala durante tódolos días que dura o Festival, ademáis É IMPRESCINDIBLE A LECTURA DO CHIP PARA ACCEDER E SAIR da zona de acampada, polo que o seu uso é individual e intransferible e calquera manipulación poderá revocar o teu dereito de acceso.

Comida e bebida: aínda que se pode acceder con bebida e comida, a organización resérvase o dereito a vetar a entrada de algún obxecto, substancia ou material que considere perigoso.

Descanso: a zona de acampada é para durmir. Están prohibidos dispositivos de audio e calquera elemento que poida perturbar o descanso de veciños e campistas. O respecto e o silencio son esenciais, pregando evitar ruídos a partir das 20:00h, para evitar molestias veciñas e do hotel próximo.

Lume: Está terminantemente prohibido facer calquera tipo de lume ou acceder con camping gas ou elementos inflamables.

Mascotas e vehículos: Queda prohibida a entrada de mascotas (excepto cans guía) ou vehículos á zona de acampada.

A organización do festival poderá expulsar da zona de acampada a toda persoa que cause molestias aos demais usuarios ou incumpla as normas básicas de convivencia e boa educación, perdendo ademais o dereito a asistir ao festival.

Perda de obxectos: non deixedes obxectos de valor na Zona de Acampada. A organización do festival non se fai responsable de calquera roubo, dano ou outra actuación delitiva que se poida ocasionar.