O Revenidas incorpora ao seu cartel a Gogol Bordello, Nao, Doctor Krápula, Gambeat e Bastards on Parade

Written by Published in medios

O festival Revenidas, que celebrará a súa 16º edición do 9 ao 11 de agosto, anuncia a incorporación de cinco novas bandas para comezar a conformar o seu cartel final. Nesta ocasión o festival Vilaxoanés confirma a música xitana da vertente ucraniana dos Cárpatos de Gogol Bordello; o rock, punk e metal con crítica social de Nao; a Doctor Krápula, unha das bandas de rock máis importantes e influentes de Latinoamérica; a electrocumbia e música tradicional latina de Gambeat e o punk celta de Bastards on Parade.

Así, estas cinco novas bandas súmanse aos italianos Talco; aos lendarios Gatillazo; aos arxentinos Los Caligaris; ao dancehall, punk e reggae de Mal Élevé; á música urbana deTribade; Valira, o novo proxecto de Juan Zanza, guitarrista da Raíz; ao cuarteto sueco The Baboon Show, a El Niño de la Hipoteca en formato eléctrico acompañado de Los Ratones, ao poder feminista e reivindicativo de Flow do Toxo, ao potentísimo punk e hard-core de Desakato e á cumbia e o reggaeton tropical de Los Jinetes del Trópico.

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2019 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 37 € máis gastos de xestión a través da páxina web www.revenidas.com.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas