O Revenidas incorpora ao seu cartel a Soziedad Alkoholika, The Real MCKenzies ou Balkan Bomba

Written by Published in +Revenidas

O festival Revenidas que celebrará a súa 15º edición do 17 ao 19 de agosto, suma oito novas bandas ao seu cartel, que acompañarán ás xa anunciadas Zoo, Steve ‘n’ Seagulls, Banda XangaiRusskajaThe DawlinsHigh PawJoan GarrigaKeltoi, Ayax y Prok e Auxili.

Deste xeito incorpóranse á festa que a organización ten preparada para o Festival das Linguas os trallazos musicais de Soziedad Alkoholika, o punk dos escoceses The Real MCKenzies, o rap combativo de Ezetaerre, o enérxico “balkan- ska-rock” de Balkan Bomba, as letras reivindicativas e sociais de Cuarta Xusta, o rap-reggae con tintes escuros de Glaukoma, o ska core dos italianos NH3 e a combinación de reggae, ska e música tradicional valenciana de Xavi Sarrià.

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2018 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 32  a través da páxina web www.revenidas.com.

revenidas