O Revenidas opta aos Premios Fest por potenciar o turismo mariñeiro

Written by Published in +Revenidas

A campaña de Revenidas e a Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas “#Destino Revenidas Fame de Experiencias” foi nomeada nos Premios Fest como mellor promoción turística. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o turismo mariñeiro e gastronómico nas Rías Baixas, no municipio de Vilagarcía e en conxunto na provincia de Pontevedra.

Revenidas xa estivo en máis ocasións nomeada aos Fest, os únicos que premian aos festivais de toda España. O festival que leva a cabo en Vilaxoán conta cunha serie de característica que o fai diferente. A súa unión á gastronomía é unha delas e é precisamente a que sustenta o nomeamento aos premios Fest, nesta ocasión pola campaña “ Fame de Experiencias”, da man da Deputación de Pontevedra e de Rías Baixas.

A súa potenciación dun turismo vinculado á tradición mariñeira tan presente en Vilaxoán, que serve de escenario de As Revenidas, e dunha gastronomía tamén vinculada á devandita cultura e que dá nome ao festival, coa sardiña como auténtica raíña, son os factores que chamaron a atención de Fest.

[Vía Diario de Arousa]

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas