O Revenidas pecha a súa 16ª edición revalidando o éxito das súas actividades vencelladas á tradición mariñeira da zona

Written by Published in +Revenidas
  • As seis sesións de concertos a bordo a cargo de O Leo, Gabri Dakidarría, Ugía Pedreira, Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola esgotaron todas as súas entradas.
  • Os concertos da zona de pago máis aclamados polos festivaleiros e festivaleiras foron os de Gogol Bordello, Talco, Gatillazo e Desakato e Nao, que contou con varias colaboracións.
  • A xente presente na sardiñada do sábado cífrase en 5.000 persoas ás que se lles despacharon 1.000 quilos de sardiñas.
  • O festival xerou uns 1.000 postos de traballo (450 directos e 600 indirectos).

A inicial predicción meteorolóxica desfavorable non puido co público do Revenidas, que visitou un ano máis Vilaxoán de Arousa a pasada fin de semana para gozar da décimo sexta edición do Festival das Linguas. Durante a pasada fin de semana milleiros de festivaleiros e festivaleiras se deron cita nesta vila mariñeira para gozar da música de preto de 40 bandas de todo o mundo e dunha chea de actividades para todos os públicos.

O recinto dos concertos de pago reuniu a 2.000 asistentes o venres 9 de agosto -para ver a Flow do Toxo, Desakato, Mal Eleve, The Baboon Show, Hard GZ, Tribade, Ferromona DJ e La Duendeneta-, 2.800 o sábado -aos concertos de TNT, Gatillazo, El niño de la hipoteca, Los Caligaris, Skacha, Talco, Valira, Rebelióm do Inframundo e Plan B DJ- e uns 2.000 o domingo -para pechar esta edición coa música de Nao, Chocolate Remix, Doctor Krápula, Bastards on Parade, La Duendeneta, O Leo Arremecághona, Gogol Bordello, Los Jinetes del Trópico, Gambeat DJ, La Duendeneta e Erin-. Alén disto, a Sardiñada Popular Revenidas revalidou o seu éxito como punto de encontro interxeracional do festival xuntando a 5.000 persoas no Parque de Dona Concha e despachando 1.000 quilos de sardiña, esgotando por completo as súas existencias xa ao mediodía. Outra das actividades gratuítas estrela foi nesta edición o concerto de Dakidarría: os do Val Miñor conquistaron a 1.300 coa súa mestura de estilos e as súas mensaxes rebeldes e de loita.

O Revenidas ademais, continuou abríndose ao mar cos seus concertos marítimos a bordo do Chasula, unha embarcación tradicional da zona. Nesta ocasión, a música correu da conta de O Leo, Gabri Dakidarría, Ugía Pedreira, Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola, facendo sold out en todas as viaxes.

O festival amosou unha vez máis ser un evento único, vencellado ás tradicións, e que combina cada ano á perfección espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos cun recinto pechado cunha programación musical que inclúe importantes bandas internacionais, estatais e galegas.

Sustentabilidade e impacto na zona

O Festival das Linguas é tamén un festival comprometido coa zona e a contorna na que se celebra que traballa para sercada vez un evento máis sutentable e responsable. Nesta edición, a organización quixo revalidar a súa forte aposta pola reciclaxe, separando os residuos xerados ao longo dos tres días de festival da man de Ecovidrio e Ecoembes, poñendo a disposición dos asistentes o ‘Ecovaso’ nas súas barras e utilizando material reciclado para levar a cabo toda a decoración do festival. As dinámicas de concienciación dos asistentes arredor de diversos temas e problemáticas da sociedade actual xiraron arredor da sustentabilidade, drogas, igualdadade… Ademais, utilizouse de novo no evento tecnoloxía cashless incorporándoa nunha pulseira cun un chip que permitiu a lectura mediante escáneres no control de entrada para acceder e saír ao recinto, así como para realizar diversos pagos.

Vilaxoán é unha vila de 2.000 habitantes que durante os días de celebración do Revenidas recibe a milleiros de festivaleiras e festivaleiras para convivir con eles na zona. Ante a afluencia de asistentes desta edición, as dúas zonas de acampada previstas pola organización estiveron ocupadas por unhas 875 tendas de campaña, e contouse -coa colaboración de Fest Galicia- cun autobús para desprazar aos asistentes ao festival dende o punto de acampada máis lonxano ata o recinto dos concertos de pago. Toda esta actividade continuada propiciada polo Revenidas viuse reflictida dos 1.050 postos de traballo que xerou o festival (450 directos e 600 indirectos), que amosan o esforzo que hai detrás dos escenarios, espazos e actividades do festival.

Apoios fundamentais

O Revenidas é un festival que se leva a cabo co apoio e/ou patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra, a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) a través da súa marca Fest Galicia, Xunta de Galicia – Xacobeo 21, Mahou e Deleite. Ademais, a organización, para levar a cabo o evento tamén conta coa colaboración de Gadis, Wegow, Sonen, Lodeiros, Thunderbitch, Bodegas Martín Códax, Galletas Daveiga, Torre de Núñez, Toyota Nipocar e Estudios Mans.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas