O Revenidas presenta a súa programación por días e o concerto sorpresa de Dakidarría en acústico

Written by Published in +Revenidas

O festival Revenidas, que celebrará a súa 16º edición do 9 ao 11 de agosto, anuncia a incorporación dunha banda sorpresa ao seu cartel: o concerto en acústico de Dakidarría, previsto para a mañá o domingo 11 de agosto e con acceso gratuíto. Desta volta a banda presentará en Vilaxoán un formato reducido e íntimo. Outra forma de comprender un concerto de Dakidarría, coas cancións adaptadas para a situación e, sobre todo, cunha enorme naturalidade que convertirá o concerto nunha reunión amigable onde público e grupo estarán tan preto que poderán tocarse, falarse e, sobre todo, cantar unha vez máis as cancións que marcaron a vida dunha grupo que, dun xeito autoxestionado, conseguiu chegar aos corazóns de tanta xente.

Do mesmo xeito, o Revenidas, que convertirá unha vez máis o porto de Vilaxoán de Arousa en punto de encontro multicultural a primeira fin de semana de agosto, presenta tamén a súa programación por días para esta 16ª edición. A xornada inaugural, que terá lugar o venres 9 a partir das 20h00 no recinto dos concertos de pago contará coa música de Desakato, The Baboon Show, Hard GZ, Mal Elevé, Erin, Tribade, Flow do Toxo e Ferromona DJ. O día grande, o sábado 10, comezará ás 13h00 no Parque de Dona Concha con varias actividades de balde para todos os públicos: Gran Sardiñada Popular, Gala de Circo pro Refuxiadas e pasarrúas con Os Terribles de Arousa, Brassica Rapa e a orixinal proposta con atmosfera poética de Thomas Dylan & Balea. O mesmo día, a partir das 20h00 terán lugar no recinto de pago os concertos de Gatillazo, Talco, Skacha, Los Caligaris, Rebeliom do Inframundo, Valira, El Niño de la Hipoteca, TNT, e DJ Plan B. O domingo 11 de agosto o día iniciará cos concertos de Carolina Rubirosa, Dakidarría en acústico e Punkintanfil no parque de Dona Concha para dar inicio a un fin de festa que culminará no recinto dos concertos da man de Gogol Bordello, Nao, Doctor Krapula, Gambeat, Los Jinetes del Trópico, Bastards on Parade, o Leo Arremecághona, Chocolate Remix e La Duendeneta.

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra: concertos a bordo dunha embarcación tradicional, actividades gastronómicas coa sardiña como base… Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2019 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 41 € o abono e 25 € a entrada de día a través da páxina web www.revenidas.com. 

O Revenidas é un festival que se leva a cabo co apoio e/ou patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra, a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) a través da súa marca Fest Galicia, Xunta de Galicia – Xacobeo 21, Mahou e Deleite. Ademais, a organización, para levar a cabo o evento tamén conta coa colaboración de Gadis, Wegow, Sonen, Lodeiros, Thunderbitch, Bodegas Martín Códax, Galletas Daveiga, Torre de Núñez, Toyota Nipocar e Estudios Mans.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas