O Revenidas presenta o seu cartel por días e pon á venda as entradas para asistir unha soa xornada do festival

Written by Published in +Revenidas

O festival Revenidas que celebrará a súa 15º edición do 17 ao 19 de agosto, anuncia o seu cartel por días e pon á venda as entradas para asistir a unha soa xornada do festival.

Se o venres 17 de agosto, o público poderá gozar das actuacións de Soziedad Alkoholika, Ayax y Prok, The Real Mckenzies, Ezetaerre, Joan Garriga e Galactic Mariatxis, Balkan Bomba, Keltoi! e María Turme DJ; o sábado 18 chegarán ata Vilaxoán Tremenda Jauría, Steven ‘n’ Seagulls, Cuarta Xusta, NH3, Glaukoma, Isaac Peces DJ e unha “banda sorpresa” que a organización anunciará nos próximos días. Ademais, o sábado tamén haberá actividades de balde programadas fóra do recinto dos concertos: concertos a bordo, sardiñada popular, pasarrúas con Os Terribles de Arousa, Coro Encaixe e Galifunk Brass Band, Gran Gala de Circo…

Esta edición do Festival das Linguas rematará o domingo 19 ao ritmo de Russkaja, Dakidarría, Banda Xangai, Zoo, Xavi Sarrià i el Cor de la Fera, High Paw & Elephand Yard, El Diluvi, Auxili e The Dawlins.

Entradas e actividades

A organización, que anunciará unha “incorporación sorpesa” durante os próximos días, segue apostando por unha combinación de espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que inclúe ás máis importantes bandas internacionais, estatais e galegas do panorama actual. 

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades que vencellen a vila e o evento, que patrocinan o Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra a través do seu circuíto #RíasBaixasFests e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), por medio da súa marca Fest Galicia.

Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2018 poden mercar xa o abono de tres días por un prezo de 35€ e a entrada dun só día 20€ a través da páxina web www.revenidas.com. Nesta mesma semana, habilitaranse puntos de venda físicos onde tamén será posible adquirilas.

revenidas