Oito festivais galegos creamos unha asociación para o fortalecemento do sector

Written by Published in +Revenidas

Revenidas, Atlantic Fest, Festival de la Luz, Ribeira Sacra, Sinsal SON Estrella Galicia, SonRías Baixas, Vive Nigrán e WOS Festival SON Estrella Galicia son os oito nomes que integran a recén creada asociación Festivais de Galicia. Os oito proxectos reunidos suman, cada ano, a máis de 75.000 persoas, xeneran case 700 postos de traballo e invisten millóns de euros no territorio. Ademáis, contan cun amplo recoñecemento a nivel galego, español, e mesmo internacional: entre todos, atesouran varios premios nacionais e internacionais, contan con cerca de 400.000 seguidores en redes sociais e son un factor esencial de visibilización dos municipios onde se celebran, atraendo milleiros de visitantes e turistas.

Na rolda de prensa de presentación celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, representantes das oito entidades compartiron os obxectivos do proxecto común. Os oito participantes destacaron que non se consideran competencia, senon que coinciden na idea de que compartendo coñecementos e baixo un esforzo coordinado facilitarán a creación e consolidación de novos públicos no territorio, así como a construcción dun modelo produtivo que beneficie estratexicamente a todas as partes implicadas: público, institucións, territorio e organizadores. Luis Campos, director do Festival SinSal SON Estrella Galicia e presidente da asociación, asinalaba a capacidade amplificada que confire a coordinación de esforzos para acadar colectivamente metas complexas que individualmente son moito máis difíciles de construir.

Os representantes da asociación indicaron tamén entre as súas metas a promoción de festivais únicos, diferenciados, con valores singulares, adaptados á realidade do noso entorno social e xeográfico, seguros e sostibles, en armonía co territorio e co medio ambiente. Carlos Montilla, director do festival Ribeira Sacra, destacou que este esforzo enmárcase nunha “carreira a medio prazo” e caracterizou os festivais galegos pola súa “profesionalidade, calidade, cantidade e diversidade”. A asociación é aberta e busca incluir distintas sensibilidades, ubicacións, e contextos: urbanas e rurais, de interior e de costa, etc.

Xabier Alonso, coordinador do proxecto, indicou entre as metas do mesmo a visibilización e posta en valor “dun sector profesional que xera emprego e retorno económico, social e medioambiental para o territorio e para outros sectores”. Tamén a regulación de boas prácticas que favorezan a competencia sana, como é o caso da avaliación do impacto sobre o territorio, acerca do que Alonso indicou que “é necesario establecer novas metodoloxías que solventen a falta de obxectividade que se dá actualmente neste aspecto, non non só na medición cuantitativa, senón tamén na cualitativa, e non só a nivel galego senón a nivel estatal”. Neste último sentido territorial, tamén Luis Campos indicaba que este proxecto pioneiro é inédito en España.

Os promotores da asociación resaltan que para acadar os obxectivos contan con profesionais que figuran entre os máis cualificados de Galicia e España para proporcionar ao  públicos experiencias únicas, cheas de música, actividades e vivencias que só é posible vivir en Galicia, onde o que importan son as persoas, porque o maior premio e que queiran volver ano tras ano. Jordi Lauren, do festival SonRías Baixas, salientou o “optimismo” do colectivo de cara a buscar solucións que den resposta ás necesidades tanto do sector do festival como dos retos e demandas depositadas sobre estes. “O reto é construír un modelo de festival en calidade, profesionalización e seguridade”.

revenidas