Brassica Rapa

Brassica Rapa é un grupo de ventos e percusión formado integramente por razapas que ten como finalidade a visibilización da muller no mundo do espectáculo. A través dun repertorio variado de diferentes estilos que van dende grandes éxitos do pop, bandas sonoras de películas ou cancións reivindicativas actuais, forman unha agrupación versátil e dinámica que pretende encher de música rúas e locais. Como mulleres síntense na necesidade de reivindicar un espazo do que actualmente se carece no mundo da música, e de poñer o seu gran de area cara á popularización das agrupacións femininas. 

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter