Carolina Rubirosa

Carolina Rubirosa é unha das compositoras e cantantes máis prometedora de Galicia. Compartiu escenario e traballos discográficos con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos ou Andrés Calamaro, gravou coa Real Filharmonía de Galicia e foi premiada en varios concursos musicais. Carolina é unha música que se desenvolve en moitos e diferentes estilos e iso se reflíctese no seu ecléctico repertorio, onde conviven músicas con sabor a pasado con outras de corte máis vangardista, dando como resultado un selo persoal único. Posuidora dun gran directo, interpreta os seus temas en diferentes idiomas e estilos, con gran sensibilidade e enerxía. Moi comprometida co proceso creativo, compón, interpreta, e intervén na produción das súas propias cancións. 

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter