Chocolate Remix

Chocolate Remix, o proxecto de reggaetón encabezado por Romina Bernardo desde 2013 fai unha crítica ao machismo asociado a este estilo e resignificándoo ao utilizar a súa mesma lóxica musical, creando un concepto ao que denomina “Lesbian  Reggaeton”. A proposta xoga cos estereotipos propios do xénero, e aproveitando o forte contido sexual característico deste estilo, aprópiase del para recrealo en clave queer e abordar temas tabú sobre o pracer feminino, a sexualidade e denunciar ademais diversas temáticas que frecuentemente afectaron ao colectivo feminino e LGTB como a discriminación, a censura e a violencia a través das súas letras.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter