Desakato

Desakato nace no ano 2003 en Asturias cun estilo musical que oscila entre rockpunk e fussion xunto a un toque musical asturiano. Ao longo de todos estes anos conseguiron facer coas súas cancións un son frenético e contundente e, coas súas letras, unha forma de expresar as súas ideas e sentimentos. “Outro grupo con K”, pensarán os que aínda non os escoitaron… pero este sexteto parece fuxir dos cánones do rock estatal máis obsoleto e, disco a disco, vai marcando o seu propio camiño e dotando a cada un deles dunha personalidade propia forxada a base de directos, o seu punto forte.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter