Doctor Krápula

Doctor Krápula é unha das bandas de rock máis importantes e influentes de Latinoamérica, unha explosión de punk, cumbia, ska, hip hop e reggae combinada cunha postura social e ambiental nunha festa rebelde que desde o primeiro acorde acende o baile e leva á euforia a todos os seus seguidores.

É unha banda masiva e independente que conta con máis de 500 concertos en 15 países ás súas costas, 7 álbums de estudo e un DVD en vivo, 5 nomeamentos aos Latin Grammy´s e numerosos premios e recoñecementos. Lideraron e colaboraron en diversos proxectos musicais e sociais con artistas como Manu Chao, Ska- p, SEEED, Juanes, Café Tacvba, entre outros.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter