Erin

Erin é un artista de rap, raggamuffin, dancehall, integrante do grupo Comando Katana e do colectivo “La Utopía del Norte”. No escenario ofrécenos rapeos trepidantes, tempos medidos ao milímetro e actitude a esgalla. Desde a máis absoluta independencia e coa frescura e desenfado que xa moitos quixeran, Erin abriuse paso no mundo do hip-hop a base de rimas invencibles, unhas máis serias, outras máis vacilonas… pero todas cargadas de realidade.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter