Flow do Toxo

Flow do Toxo son un grupo de mulleres que cantan para okupar escenarios e torreiros, espazos como tantos outros que lles foron arrebatados ás mulleres. Cantan para empoderarse e, aínda que non teñen estilo musical definido, posúen un discurso claramente feminista que nace no rural e bebe da tradición oral das súas anterdas, as súas bravas e referentes.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter