Gambeat

Gambeat é o lendario baixista de Radio Bemba sound system e de La Ventura que toca desde hai anos xunto a Manu Chao. Tamén é artista múltiple, director artístico, produtor, realizador, deseñador e creador da súa propia liña de roupa. O seu Sound System permítelle vivir doutro xeito o seu amor pola música, percorrendo as súas viaxes e encontros a través dun conxunto mixto entre imaxe, música, festa e xenerosidade.  

Mediante a mestura da música latina tradicional e a electrocumbia,  DJ Gambeat acende as pistas de baile cos seus ritmos sintéticos, cumbia, vallenato e salsa son unha fusión xuvenil, explosiva para darlle sabor a unha festa quente.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter