Hard GZ

Hard GZ está vinculado desde os seus inicios ao colectivo “La Utopía del Norte”, o de máis peso na escena urbana galega. O carácter crítico, social e sempre reivindicativo das súas letras embárcano en numerosos proxectos solidarios, entre os que cabe destacar a construción dunha biblioteca nunha escola de Senegal. Apoiado no seu colectivo orixinario, o seu traballo expándese nunha avalancha de creatividade, accións, vídeos e novo material cun acollida excelente en plataformas e redes sociais. 

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter