The Baboon Show

Na procura dun nome “feo e fácil de lembrar” e que supuxese unha crítica á clase política, bautízanse en 2003 como The Baboon Show. A súa música, un punk rock  garaxeiro, directo e sen contemplacións, ten influencias de Blondie, Ramones, Buzzcocks e, por suposto, da onda de rock escandinavo xurdida a finais dos 90. Se hai unha banda que naceu para rachar con todo, esa é o cuarteto sueco The Baboon Show, que chegará ao Revenidas cargado de enerxía e disposto a conquistar Galicia.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter