Mal Élevé

Tras liderar a mítica banda alemá Irie Révoltés, coa que percorreron 24 países, Pablo pechou unha etapa en 2017 cun exitoso circuíto de despedida que compartiu con máis de 60.000 espectadores e espectadoras. En 2018 o artista alemán de ascendencia republicana volveu á carga en solitario con MAL ÉLEVÉ.

MAL ÉLEVÉ é moito máis que un “mal educado” que é quen de rimar en francés e alemán a un ritmo vertixinoso sobre riddims de dancehall, punk, reggae ou hip hop: fiel á súa filosfía, e á súa historia, MAL ÉLEVÉ é un loitador musical pola solidariedade e por un mundo libre de desigualdade.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter