A vida levounos o retiro e a morriña tróuxoos de volta; a veterana banda galega de punk/rock Skacha volta ás andainas para rescatar o son que os situou coma unha das bandas referentes do streetpunk estatal.
Os galegos, regresan baixo a formación orixinal de “A ferro e lume” (2006), con Esteban (voz), Kino (batería, coros), Gontxu (guitarra/coros), Pablo (baixo/coros) e Max (guitarra). Eran xa moitos os que pedían a berros a volta da banda viguesa e os seus himnos os escenarios e será neste 2019 cando voltarán a soar despois de un máis que merecido descanso de 7 anos.