TNT

Despois de autoeditar “Parte colectivo”, o seu primeiro traballo, a banda preséntase con ganas de comer o mundo e defender os seus temas en todos os escenarios aos que lle deixen subir. TNT Band chegou para quedar e dar guerra a todos eses sons pregravados, as voces apañadas con autotune, as melodías repetitivas e faltas de sentido musical e ao postureo que se estila hoxe en día. E o fan como mellor saben, con dúas guitarras, un baixo, unha batería, distorsións, unhas letras comprometidas e unha enerxía en directo que merece a pena sentila.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter