Presentación Oficial de Revenidas16

Written by Published in medios, patrocinadores, revenidas16

Revenidas é un festival de Referencia

O Alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, definiu con estas palabras unha das citas imprescindibles do verán nas Rías Baixas e en Galicia. Na presentación oficial do Revenidas16 destacouse a dimensión e a calidade dunha programación moi completa durante os días 19 e 21 de agosto.

DSCF2899recortFB

A Praia do Preguntoiro, condecorada con bandeira azul e situada no porto mariñeiro de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, foi o lugar escollido para a presentación oficial da 13 edición do festival Revenidas. Esta praia atópase no entorno onde se celebrarán máis de 30 concertos, os principais de pago, e ao redor de 40 actividades de balde para todos os públicos.

Moitas son as novidades da edición máis completa do Festival das Línguas, con gastronomía, circo, feira de creatividade e artesanía, obradoiros, o Xoubiñas Festi para os máis pequenos, solidariedade e compromiso reflectidos no logotipo desta edición deseño do autor gráfico David Lages. E por suposto música, moita música. As persoas asistentes ao Revenidas16 poderán escoitar cancións en galego, castelán, catalán, euscara, inglés, portugués, austriaco, ruso, rumano ou italiano.

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, agradeceu “a todas as persoas que se implican e ás autoridades que fan posible que isto sexa unha realidade. Este é un festival que xa é unha referencia. E a vila mariñeira de Vilaxoán polo carácter da súa xente é un atractivo propio para asistir ao festival”.

celebramos esta gran idea que pon en valor a cultura

A Deputación de Pontevedra promotora dos Festivais Rías Baixas, a marca que acolle aos 7 principais festivais da provincia no que se inclúe Revenidas, estivo representada pola súa presidenta Carmen Silva Rego. “O mellor que temos as persoas e as Administracións Públicas son as ideas. Aquí, celebramos esta gran idea que pon en valor a cultura que nos fai únicos e representa un gran atractivo que só nós somos” argumentou Carmen Silva, que engadiu: “Revenidas pon en relevo a língua e a nosa cultura, a música, pero tamén o encontro, a convivencia e uns espazos tan fermosos abundantes en Vilagarcía e en moitos lugares do Salnés”.

simbioxe perfecta entre a cultura popular máis a modernidade

O director de AGADIC, a Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sútil admitiu que “para min é unha alegría participar na presentación dun evento no que vimos colaborando nos últimos anos, como outros eventos nos que colaboramos e que veñen dinamizando a industria cultural en Galicia. Revenidas constitúe unha simbioxe perfecta entre a cultura popular máis a tradición e a modernidade, un festival aberto ao mundo”.

Sonia Outón, concelleira de Cultura de Vilagarcía, destacou que “Revenidas é máis que un festival, é música, cultura propia, solidariedade e gastronomía”. Ademais nesta edición haberá actividades vencelladas ao ano Castelao, intervencións plásticas, contos e obradoiros. O deputado Cultura Deputación Pontevedra Xosé Leal suliñou o compromiso do Festival “coa nosa língua, referencia para outros festivais”.

Por parte da organización falou Xoan Quintáns que destacou “a completa programación de actividades para todos os públicos, nun entorno que convida ao disfrute do mar, gastronomía, música e amizade”. Por segundo ano consecutivo, Mahou continua coma un dos principais patrocinadores do Festival As Revenidas. Nesta ocasión, ademais do Escenario Mahou, a marca contará cunha Zona Mahou onde se desenvolverán distintas actividades que completarán a oferta de lecer de Revenidas16 e onde os asistentes poderán disfrutar das cañas mellor tiradas. Una colaboración que se enmarca na aposta de Mahou polo lecer e entretemento innovador.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas