Preséntase Revenidas15

Written by Published in medios, patrocinadores
cita ineludible do verán nas Rías Baixas – o festival das línguas
  • A presentación pública do festival das linguas Revenidas15 tivo lugar en Vilaxoán e contou coa participación de autoridades e entidades colaboradoras
  • Os presentes destacaron a profesionalidade do festival e a consolidación deste evento como cita ineludible do verán nas Rías Baixas.

A edición máis internacional de Revenidas, que se celebra en Vilaxoán de Vilagarcía de Arousa os días 21, 22 e 23 de agosto, foi presentada publicamente este venres 7 de agosto no Fogar do Pescador na vila mariñeira. A presentación contou coa presenza de Alberto Varela Paz e Sonia Outón Casal (Alcalde e Concelleira de Cultura de Vilgarcía de Arousa), Jacobo Sutil (Director da Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC – Xunta de Galicia), Xosé Leal (Deputado provincial de Cultura da Deputación de Pontevedra), Antonio Cortés (Director Marqueting de GADIS) e Xoán Quintáns e Bobi Boullosa da organización do Festival.

Revenidas15, o Festival das Linguas, destaca na súa XII edición pola internacionalización do evento. 26 concertos con bandas procedentes de Galicia, Madrid, Valencia, Euskadi, Estados Unidos, Canada ou Italia. Unha combinación de linguas e estilos musicais como o reggae, ska, punk, rock, pop, balkan, garage, rap, hip hop, folK, swing ou electrónica.

rev15 rolda2

A consolidación da cita

Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, quixo “felicitar polo cartelazo deste ano, pola cantidade e calidade. Convidamos a visitar Vilaxoán e Vilgarcía de Arousa, xa que hai actuacións para todos os públicos”

Jacobo Sutil, director de AGADIC tamén deu “parabéns aos organizadores polo cartel deste ano, por saber medrar sen perder a identidade, convertindo Revenidas nun encontro musical de referencia”. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, resaltou “o salto cualitativo e cuantitativo do festival, a súa profesionalización” e a mestura de entidades públicas e privadas na produción do festival.

Xosé Leal, deputado provincial de Cutlura da Deputación de Pontevedra, tamén definiu o festival como “unha boa aposta pola que se debe seguir apostando. Á parte do que é a festa –engadiu – é importante a súa actividade cultural, social e de promoción da vila. Que serve para se sega falando de Vilaxoán e de Vilagarcía”.

Sonia Outón, concelleira de Cultura de Vilgarcía, destacou a súa relación coas festas patronais da vila: “Será o broche das festas de San Roque ¡Que mellor peche! Condidamos a toda a xente a que visite Vilaxoán, un dos festivais máis importantes das Rías Baixas”.

Pola súa banda, Antonio Cortés, responsable de Marqueting de Gadis, unha das entidades patrocinadoras de Revenidas15 definiu Vilaxoán como “unha pequena vila mariñeira que consegue un festival con gran repercusión”.

Dende a organización falaron Xoán Quintáns e Bobi Boullosa, que afirmou que Revenidas15 “vén a consolidar o crecemento que de maneira constante, cada ano, estamos acadando. A novidade deste ano é amplicación dun día máis, o domingo”. Xoán Quintáns adiantou que os bonos estanse vendendo a moi bo ritmo e recomendou aos indecisos e indecisas “a que merquen o bono dos tres días con camping gratuíto, ata cubrir aforo, por só 30 euros en venta anticipada”.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas