Primeira vez en Galicia de ZOO

Written by Published in concertos

Un dos novos grupos da escena mediterránea tocará por primeira vez en Vilaxoán e tamén en Galicia. ZOO fixeronse coñecidos polo single Estiu que forma parte do seu único album. Puidemos falar con eles a unha semana dun dos concertos máis agardados no Revenidas15.

Zoo fotillo

Un verán intenso con concertos por toda España, especialmente en Catalunya e Valencia ¿Como afrontades a vosa primeira visita a Galicia?

Con moitísima ilusión. É a nosa primeira xira, xa que o grupo non ten nin unano, e é, de momento, o lugar máis lonxano ao que viaxamos. Coñecemos un pouco a escena galega de aneriores proxectos que nos trouxeron ata aquí, e emocíananos moito vir.

As Rías Baixas ¿Coñecedes, que vos suxire?

Algúns de nos vimos ao SonRías algunha vez. Suxirenos un lugar fermoso, e unha escena política, cultural e musical que nos interesa e sorpréndenos cada vez que vimos.

Que agardades do concerto en Revenidas?

Tócanos compartir cartel con grupos moi consolidados, e sabemos que a gran maioría do público aínda non nos coñece. Así que agardamos gustar, conectar coa xente e que serva como un primeiro paso para futuras actuacións.

O voso album Tempestes vénen del sud, parece unha declaración rotunda de intencións. De esperanza, ritmo..

A idea era unir a raiba con algo de esperanza ou de mensaxe constructivo. Xuntar un poco a actitude do punk coa conciencia do hip-hop, a nivel de letras,  e non privarnos de nada a nivel musical.

Contra a alienación, a indiferencia, a favor dos sentimientos, do sentido humano, da tribu.. Podedes contarnos como é o proceso de creación dos vosos temas.

A partir dun ritmo-base electrónico comezamos a escribir a letra, e sobre a letra vamos engadindo elementos musicais como guitarras, baixos, e ventos ou teclados. Coa idea xa máis definida, tentamos pulir a estructura do tema, e xa repasalo e amañalo.

Divertidos, comprometidos.. como vos definides?

Máis comprometidos que divertidos se nos fixamos nas letras, e no directo hai un pouco máis de equilibrio, ao ser música electrónica que convida a moverse un pouco. 

Xa só queda unha semana para o voso concerto.

Estamos desexando brincar ao escenario de Revenidas e brindar as nosas cancións ao público. Que no País Valenciano sentimos moito respeto polo pobo galego, e cierta conexión ao ser pobos especialmente castigados polo PP. Que ata pronto, e que moitísimas gracias ao Revenidas por confiar na nosa proposta. Un orgullo visitaros o venres. Salut!!

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas