#Rev16MúsicaEmerxente

Written by Published in concertos, fotos, música, revenidas16

O Festival Revenidas sempre aposta pola música en galego e co fin de promovela  puxo en marcha a Terceira Edición do Concurso Grupos Emerxentes Revenidas

#REV16MusicaEmerxente #músicaengalego #FinalRevenidasTurismoRíasBaixas #FestivaldasLínguas

A terceira edición do Concurso que apoia a novas bandas con letras en galego, aberto a todos os estilos musicais contou con 17 bandas e “un nivel altísimo” segundo a organización. O público asistente ás dúas galas celebradas en Compostela e en Vilagarcía máis o xurado decidiron os catro premios outorgados entre os 9 grupos finalistas.

rev16 Final Musica Emerxente

Na final #Rev16MúsicaEmerxente celebrada o sábado 28 de maio na Sala Malatesta de Compostela competiron Animal Soul, Ezetaerre, deLombaos e Bojanka Kostova coma as catro bandas finalistas.

Na Final Grupos Emerxentes Revenidas Turismo Rías Baixas celbrada na Praza da Peixeiría de Vilagarcía de Arousa competiron cinco bandas. Skalingrado de Ourense, Lamprea Explosiva e Os Vacalouras de Vigo, Leda Atómica de Cambados e Canto Crú de Vilagarcía

rev16 final rias baixas

Final Sala Malatesta Santiago #Rev16MúsicaEmerxente

As bases limpas e os versos acedos e comprometidos do rap de  Ezetaerre o Primerio Premio, recibindo 600 euros e tocar no Revenidas16. O directo contundente de funk e rock da banda deLombaos convenceu ao xurado para que tamén estivesen presentes no Revenidas16 e ao público para outorgarlle o Premio do Público consistente no deseño exclusivo e 100 camisolas Caramuxo – Rei Zentolo.

DE LOMBAOS PREMIO PUBLICOjpg opt ezetaerre primeiro premio

Fotografías de Christian Pérez. Os grupos premiados con Xoán Quintáns da organización do Revenidas.

Final Grupos Emerxentes Turismo Rías Baixas

O rock divertido de Os Vacalouras de Vigo levou o Primeiro Premio, con 400 euros máis tocar no Revenidas. Canto Crú de Vilagarcía levaron o Premio do Público co deseño exclusivo e 50 camisolas de Caramuxo – Rei Zentolo.

OS VACALOURAS PRIMEIRO PREMIO opt CANTRO CRU PREMIO PUBLICO opt

Fotografías de Odd Inge Teige. Os grupos gañadores con Fátima Frieiro, xornalista cultural do Diario de Arousa.

revenidas