Revenidas e Toyota únense para facer un festival máis sostible

Written by Published in +Revenidas

Revenidas e Nipocar-Toyota alíanse para esta nova edición do festival. A rede de concesionarios da marca xaponesa une as súas forzas ao Festival das Linguas para celebrar connosco o noso 15º aniversario e axudarnos a reivindicar e a sensibilizar aos asistentes no coidado e respecto polo medio ambiente.

A acción principal consistirá en patrocinar os vasos reutilizables que utilizarán todas as persoas asistentes ao evento. Devanditos vasos levarán impresas as seguintes mensaxes, que explican a acción e a dinámica propostas aos festivaleiros e festivaleiras que acudan ao Revenidas con ganas de gozar da música sen prexudicar o medio ambiente:

  • “Ao utilizar aquí estes vasos reutilizables estamos a aforrar máis de 100 quilos de plástico en residuos”
  • “Ademais, podes trocar este vaso por un agasallo moi especial acudindo a calquera dos nosos concesionarios Toyota na provincia de Pontevedra. Esperámoste!”

O vaso en cuestión, que é totalmente reutilizable e reciclable, ofrece unha alta resistencia e funcionalidade e está libre de BISFENOL A. Por suposto cumpre a normativa de materiais de uso alimentario CE 1935/2004 do 2004. Ademais, permite ser lavado en lavalouzas.

Ademais dos vasos reutilizables, Nipocar-Toyota tamén estará presente no Festival Revenidas mediante a exhibición de dous vehículos CHR híbridos. A gama de híbridos de Toyota conta entre as súas moitas vantaxes cunha redución importante do CO2 e dos NOX, compostos químicos gaseosos menos “famosos” que o CO2, pero igualmente perigosos para o ser humano, ao ser dos maiores responsables da contaminación nas cidades, e por tanto, poder xerar graves problemas para a saúde.

revenidas