Talco en Vilaxoán!!

Written by Published in concertos, música

Directos enérxicos de ska-core

O mellor ska-core europeo en Vilaxoán!

Falamos cos italianos Talco, unha banda referente en Europa pola mestura de estilos cun predominio do ska-core. Xa coñecen Galiza e xa teñen ganas de brincar coa familia Revenidas no concertazo desta edición no Vilaxoán.

talco

Como calificades os vosos directos? Enérxicos e diferentes ó álbum: esta ten que ser sempre a base do noso directo. Sempre tentamos non reproducir un concierto igual ó disco. Tendo como referencia a Mano Negra pero en clave máis punk, estudamos como tocar moitas cancións sen pausa, interpertándoas ás veces tamén de maneira diferente respecto ó disco. E todo co noso estilo de música que é unha mezcla de punk-ska-folk….punkchanka.

Dez años na carretera situando o ska na actualidade musical europea. Como valorades este percorrido? Todos os estilos musicais, despois de anos, van a cambiar un pouco. Para nos é normal tocar un ska-core máis animado porque a música que sempre escoitamos dende novos estaba vivindo esta evolución máis agresiva.

Que agardades do próximo concerto en Revenidas16? Os concertos en Galiza sempre son animados, en salas de Vigo, e en festivais onde tocamos nos anos pasados como Castañazo e Sonrías Baixas. Creo que temos unha boa base de público e agardamos aumentala!

Estamos segur@s que o concerto do sábado 20 de agosto no Revenidas16 tamén quedará na memoria das persoas asistentes en Vilaxoán!

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas