Talco, Gatillazo, Los Caligaris, Mal Élevé, Tribade e Valira actuarán nesta edición do Revenidas

Written by Published in +Revenidas

O festival Revenidas, que celebrará a súa 16º edición do 9 ao 11 de agosto, continúa desvelando parte da súa programación para este verán. Nesta ocasión é a quenda dos italianos Talco; os lendarios Gatillazo; os arxentinos Los Caligaris; o dancehall, punk e reggae Mal Élevé; a música urbana de Tribade e Valira, o novo proxecto de Juan Zanza, guitarrista de La Raíz.

Deste xeito, estas cinco bandas súmanse aos xa anunciados punk do cuarteto sueco The Baboon Show, El Niño de la Hipoteca en formato eléctrico acompañado de Los Ratones, o poder feminista e reivindicativo de Flow do Toxo, o potentísimo punk e hard-core de Desakato e a cumbia e o reggaeton tropical de Los Jinetes del Trópico.

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2019 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 33 € a través da páxina web www.revenidas.com.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas