Un festival para menores de idade

Written by Published in concertos, feira revenida, participación, sardiñada popular
UN FESTIVAL TAMÉN PARA MENORES DE IDADE

En Revenidas15 haberá como todos os anos unha Gran Sardiñada Popular aberta ao público familiar. Nas longas mesas dispostas no Parque de Dona Concha, o sábado a partir das 13h. haberá comida e cea á sombra das árbores. Como a antiga tradición, miles de persoas degustarán as sardiñas revenidas, que ademais de dar nome ao festival é unha receta típica da vila mariñeira de Vilaxoán.

Tamén no Parque dende o venres pola tarde, os menores poderán acudir de balde a Feira Revenidas, con actividades e postos de artesanía e creatividade. E asistir a Gala Solidaria de Circo co Pobo Saharaui.

Os e as menores de idade que desexen acudir ao recinto pechado onde se realizan a meirande parte dos concertos terán que vir acompañados da titora, titor, nai ou pai.

  • Os e as menores de 12 anos non pagarán por asistir aos concertos.
  • As nenas/os maiores de 12 anos terán que pagar a súa entrada ou bono aos concertos.
  • Os e as rapazas de entre 16 e 18 anos poderán asistir sós sempre e cando teñan cuberto correctamente o seguinte formulario. Ademais irán identificados cunha pulseira de menor de idade para evitar o consumo de alcohol.

rev15 autorizacionmenores

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas