Un proxecto máis ambicioso

Written by Published in +Revenidas, concertos, gala solidaria de circo, gastronomía, patrocinadores, revenidas16

Haberá Revenidas 2017!!

Revenidas 16 Ambiente (2)

O Director do Festival, Xoán Quintáns considera que “o proxecto deste ano foi máis ambicioso, xa que tratamos de abarcar máis actividades e chegar a outro tipo de público, máis diverso potenciando a gastronomía máis alá da tradicional sardiñada popular, introducindo a Cociña Moderna de Autor, con nomes relevantes como Inés Abril do Maruja Limón, e Alberto G. Prelcic, do Restaurante Silabario, Estrelas Michelín, que coa súa traxectoria persoal, deron valor engadido neste sentido e grazas a Mahou, o patrocinador privado do festival máis importante”.

Entre as novidades desta pasada edición, a experiencia Deleite Galego Mariñeiro, a bordo da embarcación tradicional o Chasula. Tres saídas dende o Porto de Vilaxoán, nas que as persoas participantes navegaron entre bateas pola Ría de Arousa, escoitando concertos acústicos de Sonoro Maxín e Xurxo Souto co seu Océano para Terrícolas, incluido ademais unha degustación gastronómica de producto 100% galego : empanada de millo, mexilóns, leite e viño Marieta-Martín Códax.

Cabe destacar o éxito de asistencia e públicos á Feira Revenida de innovación e creatividade mais a Gala Solidaria Refuxiados/as Revenidas. Dúas actividades xa consolidadas e imprescindibles que forman parte da razón de ser do festival. O compromiso e solidariedade presentes dende a orixe do festival, volcada nas pasadas edicións á axuda ó pobo saharaui, centrouse no 2016 á axuda ás persoas refuxiadas que ateigan as fronteiras dos países e van a deriba sen un teito seguro no que continuar as súas vidas. A colaboración do festival coa ONG Pallasos en Rebeldía, acadando grazas a aportación de tódolos asistentes un importe recaudado de 1500€ que serán destinados a esta ONG a prol desta causa.

O balance para a organización do Festival é moi positivo, confirmando unha nova edición para o vindeiro ano e engadindo “que cada vez é más difícil e custoso programar e buscar o equilibrio entre o que demanda o público, a axenda dos propios artistas, e o poder de convocatoria sen que faga disparar os custos do evento, pero no 2017 prometemos seguir sorprendendo…entre outras cousas abrindo o festival ó mar”.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas