Vilaxoán prepárase para ser o epicentro da festa musical

Written by Published in concertos, feira revenida, música, participación, sardiñada popular

A XII Edición da Festa Revenidas está en marcha e a pequena vila mariñeira de Vilagarcía, Vilaxoán expectante antes os miles de visitantes que encherán o vindeiro fin de semana esta festa que une música, actividades para todos os públicos e gastronomía.

REV14 gala do circo 2

REV14 gala do circo 2

Concertos, actividades de balde para todos os públicos, unha gran sardiñada popular e unha Gala Solidaria de Circo co Pobo Saharaui constitúen a máis completa, ambiciosa e internacional das propostas relizadas nas doce edición deste festival.

En total 26 concertos con bandas de diversas procedencias (Galiza, Valencia, Euskadi, Madrid, Canada, Italia e Estados Unidos) e estilos (reggae, ska, rock, garage, punk, pop, electrónica, balcánica, swing, folque, pop, hardcore, rap e hip hop).

Entre os artistas presentes destacan os americanos S.O.J.A. varias veces nominados aos Gramy polos seus traballo e traxectoria que xa son un referente mundial do reggae. Será a primeira vez que están en Galicia. Banda Bassotti, La Raíz, Heredeiros, Los Chikos del Maíz, Zoo, Familia Caamagno, The Mahones, Terbutalina, Nao, Dakidarría ou Swindigentes, son algunhas das bandas que pasarán polos escenarios do porto de Vilaxoán.

O festival conta con dúas zonas de camping de balde para aquelas persoas que dispoñan dun bono, cuio venda por internet estará aberta ata a noite do xoves dende a web do festival: www.revenidas.com

A oferta do festival complétase coa Feira Revenida, na que a creatividade, artesanía e talento únense para achegar unha oferta da innovación actual en Galicia.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas