Xa podes votar ao Revenidas nos Premios Fest!

Written by Published in +Revenidas

O Revenidas está seleccionado nos Premios Fest nas categorías Mellor festival de mediano formato, Mellores actividades paralelas, Mellor zona de restauración e Mellor directo estatal co concerto que ofreceu a banda Desakato no marco do festival. Os Premios Fest son o único recoñecemento en España adicado exclusivamente aos festivais de música e ten como misión recoñecer, valorar e celebrar o traballo e a creatividade de profesionais responsables do desenvolvemento dos festivais de música que se celebran en España. Para escoller aos proxectos gañadores, está aberto un proceso de votación para o público a través de http://premiosfest.com/votaciones-publico/, que permanecerá aberto ata o próximo 10 de outubro.

Ademais, O Revenidas, tamén poderá ser premiado por un xurado profesional nas categorías categorías de Mellor activación de marca (con Deleite e os concertos a bordo do Chasula), Igualdade e diversidade de xénero, Maior aportación turística á rexión ou Mellor acción social pola súa Gala Solidaria Flores para o Esquecemento, nas que votará un xurado profesional. Do 11 ao 12 de outubro será a quenda de votación deste xurado, que estará composto por destacados xornalistas e representantes da Industria da música e cuxos nomes desvelará proximamente a organización dos Premios Fest.

revenidas