A música dos xeniais Fanfare Ciocarlia

Written by Published in música, revenidas16

Son lendas da música contemporánea europea. Gipsy brass, funk groove ou balkan – chámalle como queiras – pero as súas composicións inspiradas na tradición romanía transfieren enerxía con melodías cheas de alegría e movemento a partes iguais. En apenas vinte anos da edición do seu primeiro album Radio Pascani,  o seu son transcendeu ó universal.

A súa música foi empregada en filmes como  Head On dirixido por Fatih Akin, El Crimen Ferpekto de Álex de la Iglesia ou Borat  Cultural Learnings of America. O son de Fanfare Ciocarlia está moi presente tamén en varias longametraxes documentais e en anuncios de televisión. Neste vídeo do Xapón escoitamos como soa unha interpretación dun tema moi cinematográfico dos xeniais Fanfare Ciocarlia. A foto do vídeo tamén é xenial 🙂

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas